jjiffy

Back

Debo publicar unha invitación nas redes sociais?

As invitacións permiten o acceso totalmente anónimo ao carrete, o que fai posible que non sexa necesario estar rexistrado para poder utilizar jjiffy, isto significa que calquera persoa que teña esa invitación pode acceder ao carrete.

Se compartes a invitación nunha rede social cun grupo indeterminado de persoas poida que estéaslle dando acceso a ese carrete a persoas totalmente descoñecidas e quizá esa non sexa a túa idea, ademais ten en conta que calquera desas persoas poden á súa vez redireccionar esa invitación a outros usuarios da rede creando unha expansión exponencial da mesma.

A nosa recomendación para preservar a túa intimidade é compartir a invitación amosando o código QR directamente dende o teu dispositivo móbil, desta forma non é posible que ese convidado poida compartir o acceso con outras persoas. Como non sempre é viable a opción presencial, podes compartir a invitación por correo electrónico ou por mensaxería instantánea sendo consciente de quen son os seus receptores e para maior seguridade sempre podes desactivar a invitación despois de que accedesen os teus convidados para impedir que outras persoas poidan acceder posteriormente.

Utilizamos cookies para mellorar o servizo de jjiffy. Ao visitar este sitio web, aceptas o noso uso de cookies.

Loading